sábado, 28 de marzo de 2020

Encuesta sobre las clases o tareas on-line

planteadas durante el confinamiento 

por el decreto del estado de alarma 

a raíz de la crisis del COVID-19



Es una encuesta organizada por la Confederación de ANPAs Galegas, para cubrir por las familias.


El objetivo de esta pequeña encuesta es recabar información real, por medio de las Anpas de toda Galicia, para descubrir las necesidades con las que se están encontrando muchas familias, por los métodos de educación on line que los centros educativos están llevando a cabo, y valorar las diferencias de organización e infraestructura entre colegios (públicos). También se pretende conocer las principales necesidades que están surgiendo y cuáles no se están atendiendo en la situación actual.
En cuanto se disponga de esa información, la Confederación comunicará a la Consellería de Educación los puntos más urgentes y las medidas que se estima oportuno aplicar inmediatamente.

En Favalmi además creemos que sería una buena ocasión para adoptar medidas en ese sentido, en el de la comunicación telemática entre colegio, familias y alumnos, como complemento a la formación presencial, para determinadas tareas, para períodos de enfermedad, etc., que en muchos centros educativos ya está organizada, de mejor o peor manera, pero en otros ni siquiera está planteada.





miércoles, 11 de marzo de 2020

Rúa Estocolmo, 8
15707 – Santiago de Compostela
Tel  610 616 968 - 600 699 293



Hai unha semana, o pasado 4 de marzo, esta Confederación enviou un escrito á Consellaría de Educación, e tamén aos medios de comunicación, no que solicitabamos que elaborasen instrucións claras a todos os centros escolares galegos sobre a xestión das excursións ás zonas de risco de contaxio por coronavirus e sobre o tratamento que se ten que dar ao alumnado retornado.
Tamén reclamamos naquel momento que nesas mesmas instrucións se lembrara a importancia de facilitar os cumprimento das medidas de hixiene, nomeadamente que se asegurase a subministración de xabón nos baños para asegurar o lavado de mans, unha das principais medidas que as autoridades sanitarias están reclamando da poboación.
A resposta da consellaría de educación foi difundir a información sanitaria actualizada na súa web a partir do día 5 de marzo, logo de que nós requirísemos que actuaran, e ademais desculpar a súa inacción da seguinte maneira: “A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, recoñece a autonomía dos centros educativos, autonomía que debe respectarse desde esta Consellería. Porén, debe indicarse que esta Consellería trasladou a todos os centros as recomendacións das autoridades sanitarias, e se realiza un seguimento de calquera incidencia que poida producirse ao respecto” (Resposta do Secretario Xeral Técnico da Consellaría a esta Confederación o 6 de marzo de 2020).
Resulta evidente para todas as persoas que non estean dirixindo a consellaría de educación que a autonomía dos centros educativos non ten nada que ver coas alertas sanitarias que afectan a toda a poboación en tanto cidadanía, non por formar ou non parte da comunidade educativa; así como que as direccións dos centros educativos están perfectamente capacitadas para ler por si propias as recomendacións das autoridades sanitarias, non é iso o que se agarda das autoridades educativas.
Unha semana máis tarde, as instrucións requiridas dende esta Confederación continúan sen chegar, en moitos centros educativos galegos continúa sen haber xabón ou papel hixiénico nos baños do alumnado, hai centros onde –malia a recomendación constante de suspender as viaxes por parte das autoridades sanitarias- aínda se manteñen excursións en programa, tanto as que están a facerse neste momento como as que teñen previstas para as datas próximas; nun contexto de limitación constante de situacións de aglomeración de persoas, non hai ningunha explicación sobre o que vai ocorrer nos centros educativos, teñan o tamaño que teñan, porque hainos con aglomeracións de máis de mil persoas, que ven sendo a cifra que o propio presidente da Xunta dá como recomendábel para cancelar os actos públicos; non hai información de ningún tipo que contribúa a tranquilizar á cidadanía.
Malia a sensación global de desatención que estamos percibindo entre as familias, esta Confederación quere enviar unha mensaxe de calma, de tranquilidade, e de confianza nas autoridades sanitarias; pero tamén pensamos que debemos  enviar unha mensaxe de requirimento ás autoridades educativas para que manteñan unha constante información á cidadanía, nomeadamente á comunidade educativa, sobre cales están a ser as medidas que teñen previstas nos diferentes escenarios nos que podemos atoparnos.
Cando toda a información publicada está dicindo que esta situación reviste caracteres de gravidade, non podemos consentir das responsables educativas que abandonen a súa responsabilidade, ou que se agochen detrás da xeneralidade da información sanitaria. As autoridades educativas galegas xestionan o día a día de miles de rapaces e rapazas, e indirectamente inciden na vida cotián de todas as familias galegas; ninguén agarda que veñan dese lado as recomendacións de saúde, pero todas as familias precisamos ter unha consellaría de educación que funcione, que informe, que tome decisións concretas sobre as situacións que están en debate, que responda dun xeito uniforme en todo o territorio galego, que deixe de abeirarse nunha autonomía de centros que non é aplicábel neste caso baixo ningún pretexto, e que demostre que ten previsto, ata onde sexa previsible, que é o que se vai facer , e canto diso está xa programado e preparado.
Un saúdo.
Compostela, na data da sinatura dixital deste escrito
 



Fernando Lacaci Batres
Presidente da Confederación ANPAS GALEGAS